O Programa componse, principalmente, de prioridades e obxectivos específicos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección axeitada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.
O Regulamento (UE) 2021/1060 del Parlamento Europeo y do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, establece os obxectivos políticos da Unión, as prioridades, os obxectivos específicos, e as accións seleccionadas para a consecución destes obxectivos, os indicadores de realización e de resultados das actuacións seleccionadas e un plan de financiamento para o seu desenvolvemento. O Programa de Galicia FEDER 2021-2027 foi aprobado mediante a Decisión C(2022) 9307 da Comisión Europea de data 7 de decembro de 2022.
De conformidade co disposto no artigo 49.1 deste Regulamento (UE), a autoridade de xestión, aseguraranse de que exista un sitio web onde estea dispoñible a información sobre os programas dos que son responsables, que inclúan os obxectivos, as actividades, as oportunidades de financiamento dispoñibles e os logros do programa.
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde desenvolven distintas operacións que obedecen a distintos obxectivos dentro deste programa: