OP 4: Unha Europa máis social e inclusiva - Construción dun centro de saúde en Abegondo (A Coruña)

OP 4: Unha Europa máis social e inclusiva - Construción dun centro de saúde en Abegondo (A Coruña)

O proxecto supón a creación dun novo centro de saúde en Abegondo cunha superficie útil de 965 m² / 1.221,50 m² de superficie construídos, que se concibe para dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia mellorando o servizo de atención primaria coa execución do plan funcional, aprobado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o 5 de marzo do 2018, e o programa de espazos, de data 5 de agosto do 2021, relativos ao novo centro de saúde de Abegondo.


Trátase dun edificio distribuído en tres plantas, que contará coas áreas de medicina xeral con seis consultas, área de pediatría con dúas consultas, área da muller cunha consulta de matrona e sala de formación, sala de toma de mostras, sala de técnicas e salas polivalentes, así como as zonas de servizos e instalacións. Esta actuación permitirá mellorar a atención primaria na área de referencia do centro de saúde.


Obxectivo Político OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva.
Prioridade P4A Transformación social
Obxectivo específico RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local.
Liña de actuación 4.5.01 Reforzo das Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria e outros centros de atención especializada.
Ámbito de intervención 128 Infraestruturas sanitarias
Título da operación Construción dun centro de saúde en Abegondo (A Coruña).