A operación consiste na mellora da atención primaria mediante a construción dun centro de saúde en Vilagarcía de Arousa (provincia de Pontevedra).
O proxecto supón a creación dun novo centro de saúde cunha superficie útil de 7.223,81 m² / 8.427,15 m² de superficie construídos, que se concibe para dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia mellorando o servizo de atención primaria coa execución do novo plan funcional, aprobado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o 1 de xuño do 2021, relativo ao novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa.
O proxecto formúlase con forma de dobre U xerando dúas prazas abertas cara a cidade e cara os viais aos que dá fronte. Estas prazas, convenientemente orientadas e resgardadas servirán de zona de espera protexida e de antesala ao centro de saúde e ao PAC respectivamente. A proposta desenvolve a organización, estrutura e distribución das diferentes áreas e servizos citados no programa funcional en planta baixa, primeira e segunda. Considérase a distribución de forma que os usos e fluxos tanto de usuarios como de persoal podan coexistir dunha forma cómoda e eficiente para o uso tanto do centro de saúde como do PAC.
O centro será dotado, entre outros, con área pediátrica, área de respiratorios, toma de mostras, zona de traballo social, sala de técnicas, punto de atención continuada (PAC), programa completo de atención sanitaria de consultas, programa funcional de fisioterapia e área da muller, ademais de zonas de servizos e instalacións.
| Obxectivo Político |
OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva. |
| Prioridade |
P4A Transformación social. |
| Obxectivo específico |
RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local. |
| Liña de actuación |
4.5.01 Reforzo das Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria e outros centros de atención especializada. |
| Ámbito de intervención |
043 Construción de novos edificios enerxeticamente eficientes. |
| Título da operación |
Construción dun centro de saúde en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). |