Con obxecto de mellorar a prestación do servizo, esta acción está dirixida á construción, equipamento e modernización de instalacións e servizos de atención especializada mediante a construción dun centro de protonterapia xunto ao Hospital Público Gil Casares de Santiago de Compostela.
A terapia de protóns é un tipo de radioterapia avanzada que utiliza un feixe de protóns para aplicar radiación directamente ao tumor e destruír as células cancerosas sen practicamente afectar os tecidos e órganos sans circundantes. Isto implica maior precisión do tratamento e menor toxicidade o que o converte nun tratamento especialmente indicado para nenos e adultos con tumores en zonas sensibles como o cerebro, medula espiñal ou ollos.
Esta actuación permitirá o tratamento dos pacientes subsidiarios da técnica de protonterapia sen necesidade de desprazarse a outros centros situados fóra de Galicia ou do Estado, mellorando a supervivencia e calidade de vida dos pacientes en tumores de localización complexa, especialmente pacientes pediátricos.
| Obxectivo Político |
OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva |
| Prioridade |
P4A Transformación social |
| Obxectivo específico |
RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local. |
| Liña de actuación |
4.5.02 Desenvolvemento e posta en funcionamento dun Centro de Protonterapia. |
| Ámbito de intervención |
043 Construción de novos edificios enerxeticamente eficientes. |
| Título da operación |
Centro de Protonterapia de Galicia |