OP 4: Unha Europa máis social e inclusiva - Construción dun centro de saúde en Moaña (Pontevedra)

OP 4: Unha Europa máis social e inclusiva - Construción dun centro de saúde en Moaña (Pontevedra)

A operación consiste na mellora da atención primaria mediante a construción dun novo centro de saúde en Moaña (provincia de Pontevedra).


Este novo centro contará na planta semisoto con dúas consultas de nutrición, cunha área da muller, cunha consulta de matrona, aula e vestiarios, unha aula para a docencia, zona administrativa e de descanso do persoal con catro dormitorios, zonas de instalacións e almacéns. Na planta baixa sitúanse tres salas polivalentes, unha de toma de mostras, despacho de traballo social e área de pediatría con dúas consultas médicas, dúas de enfermería e dúas polivalentes, ademais dunha sala de lactancia.


Na planta primeira situarase a zona de medicina xeral con oito consultas de medicina, seis de enfermaría, unha polivalente e unha sala de telemedicina. Na segunda planta está a área de fisioterapia con cinco cabinas, consulta de ecografía, odontoloxía e hixienista, entre outras. En todas as plantas haberá zonas de espera e aseos.


Obxectivo Político OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva.
Prioridade P4A Transformación social.
Obxectivo específico RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local.
Liña de actuación 4.5.01 Reforzo das Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria e outros centros de atención especializada.
Ámbito de intervención 043 Construción de novos edificios enerxeticamente eficientes.
Título da operación Construción dun centro de saúde en Moaña (Pontevedra).