A Dirección Xeral de Recursos Económicos

A Dirección Xeral de Recursos Económicos

A Dirección Xeral de Recursos Económicos é o órgano encargado, con carácter xeral, da dirección económica e financeira e da planificación, execución e control dos programas de investimentos de obras, instalacións, servizos e subministracións, e da coordinación da xestión económico-administrativa, de compras, loxística e de servizos xerais dos centros do Servizo Galego de Saúde.
 
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
 

a) A elaboración e redacción do anteproxecto de orzamento do Servizo Galego de Saúde.
b) O establecemento das bases e directrices da súa xestión económica, así como levar a cabo as actuacións de control e avaliación da xestión económica e orzamentaria dos seus centros de gasto.
c) A tramitación das modificacións orzamentarias e daqueles expedientes de gasto do
organismo autónomo que non fosen obxecto de delegación noutros órganos.
d) Os actos de execución da xestión do patrimonio do organismo autónomo.
e) A planificación, a execución e o control dos programas de investimentos relativos a obras, instalacións e equipamentos dos centros asistenciais, en coordinación coa Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.
f) A xestión contractual e económico-administrativa da actividade desenvolvida polos órganos centrais do Servizo Galego de Saúde e da asistencia sanitaria prestada con medios alleos.
g) A coordinación dos servizos económico-administrativos, de contratación, de aprovisionamento, hostaleiros, de mantemento técnico e loxística en xeral dos centros do organismo autónomo.
h) A declaración de uniformidade dos bens e servizos de adquisición centralizada do
organismo autónomo, e a coordinación e potenciación dos sistemas de información económica.
i) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Estrutura