A Subdirección Xeral de Orzamentos

A Subdirección Xeral de Orzamentos

A Subdirección Xeral de Orzamentos é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) A preparación do anteproxecto de orzamento do Servizo Galego de Saúde.
b) A execución e o seguimento da xestión orzamentaria e o control do gasto.
c) A xestión económico-administrativa dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.
d) A coordinación e o impulso dos sistemas de información económica.
e) O asesoramento nas devanditas materias aos órganos directivos do Servizo Galego de Saúde.

Contará con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
  • Servizo de Orzamentos (Funcións):

  • a) A realización dos traballos preparatorios para a confección do anteproxecto de orzamento do organismo, a tramitación das modificacións orzamentarias do orzamento de ingresos e gastos do organismo, e das modificacións de límites de anualidades futuras.
  • b) A proposta das instrucións necesarias para que os centros de gasto realicen a execución orzamentaria acorde coa normativa vixente, así como o seguimento orzamentario dos mencionados centros de gasto.
  • c) A tramitación de xustificacións de emprego de ingresos procedentes de organismos alleos á Comunidade Autónoma.
  • d) A tramitación de expedientes dos centros de gasto do Servizo Galego de Saúde ante órganos centrais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dentro da súa área de responsabilidade.
  • e) A tramitación dos expedientes de gastos plurianuais que superen os límites previstos na normativa de réxime económico-financeiro.
  • f) A contabilización de operacións contables dos servizos centrais do organismo, agás as correspondentes a gastos de persoal.
  • g) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Avaliación Económica e Contabilidade Analítica (Funcións):

  • a) A análise da execución orzamentaria dos centros de gasto do organismo e a coordinación do control de xestión, así como a auditoría e avaliación de obxectivos e indicadores da execución orzamentaria dos contratos de servizos sanitarios cos centros do Servizo Galego de Saúde.
  • b) O impulso e a coordinación da contabilidade analítica dos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, e a realización de estudos e propostas de alternativas dirixidas a mellorar a eficacia e o control do gasto.
  • c) A coordinación da xestión e recadación de taxas, prezos públicos e outros ingresos, sen prexuízo das competencias da consellería competente en materia de facenda.
  • d) O impulso e desenvolvemento dos sistemas de información económica en todos os centros do Servizo Galego de Saúde.
  • e) A coordinación da información económico-financeira con outras administracións públicas.
  • f) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Xestión de Contratación de Servizos Asistenciais (Funcións):

  • a) A tramitación económico-administrativa dos expedientes de contratación da asistencia sanitaria prestada con medios propios ou alleos.
  • b) A análise e o estudo, na súa vertente económico-administrativa, da normativa relativa á materia de contratación de servizos asistenciais.
  • c) A tramitación económico-administrativa dos contratos programa con entidades públicas con personalidade xurídica propia.
  • d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan encomendadas.

 

  • Servizo de Xestión Económica (Funcións):

  • a) A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e proposta de pagamentos realizados polos centros de gasto dos servizos centrais.
  • b) A habilitación de gastos dos servizos centrais e a coordinación das habilitacións periféricas e a xestión económico-administrativa dos créditos de gasto de bens correntes e servizos dos servizos centrais.
  • c) A elaboración das instrucións para unha correcta xestión económica e o seguimento e control da súa execución polos centros de gasto dos servizos centrais.
  • d) En xeral, aquelas outras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de control (Funcións):

 

  • a) O deseño e a implantación dos sistemas de control interno, especialmente nas áreas dos contratos da prestación de servizos de asistencia sanitaria e dos novos modelos de colaboración e xestión. O sistema de control interno abranguerá os aspectos orzamentarios, económicos e financeiros, así como a avaliación de programas e proxectos.
  • b) O seguimento da execución dos concertos singulares e dos novos modelos de colaboración e xestión, así como o estudo da garantía da súa execución.
  • c) O control do gasto, co obxecto de optimizar da mellor maneira posible os recursos dispoñibles.
  • d) A identificación de aspectos de mellora na execución e a análise das reclamacións presentadas en relación cos concertos singulares e novos modelos de colaboración e xestión.
  • e) A elaboración de informes para promover a eficiencia e facilitar a toma de decisións no eido do control interno.
  • f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan encomendadas.