A Subdirección Xeral de Investimentos

A Subdirección Xeral de Investimentos

A Subdirección Xeral de Investimentos é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) A dirección, coordinación e execución dos programas de investimentos aprobados, referidos a obras, instalacións e equipamento de centros asistenciais e administrativos do Servizo Galego de Saúde.
b) A tramitación da contratación de obras relativas a investimentos aprobados.
c) A coordinación das actuacións en materia de xestión patrimonial do organismo autónomo.
d) O asesoramento aos órganos directivos do Servizo Galego de Saúde nas materias anteriormente indicadas.
e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:
  • Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos (Funcións):

  • a) O seguimento, a execución e o control dos programas de investimentos do Servizo Galego de Saúde en materia de obras e instalacións dos seus centros asistenciais e administrativos.
  • b) O desenvolvemento das funcións que lle corresponden á oficina de supervisión de proxectos de conformidade coa lexislación sobre contratos do sector público no ámbito do Servizo Galego de Saúde.
  • c) A proposta e preparación dos informes e prego de especificacións técnicas de contratación de obras e instalacións, así como os informes de planificación e redacción de proxectos previos.
  • d) A elaboración de informes, memorias, orzamentos e proxectos en materia da súa competencia, así como o seu seguimento ou dirección.
  • e) A coordinación e supervisión dos proxectos e obras que, por calquera motivo, realicen entidades externas ao Servizo Galego de Saúde, que teñan implicacións nas instalacións de centros asistenciais e/ou administrativos do organismo autónomo.
  • f) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Equipamento e Alta Tecnoloxía (Funcións):

  • a) O seguimento, a execución, o control e a coordinación dos plans de investimentos dos centros asistenciais e administrativos do Servizo Galego de Saúde.
  • b) A proposta e preparación dos informes e pregos de especificacións técnicas de contratación de equipamento para os centros asistenciais e administrativos do Servizo Galego de Saúde.
  • c) A coordinación de procesos e transmisión da documentación para a posta en funcionamento dos centros asistenciais e administrativos do Servizo Galego de Saúde.
  • d) A colaboración e o impulso dos contratos de equipamento electromédico e de alta tecnoloxía.
  • e) A elaboración de informes, memorias, orzamentos e proxectos en materia da súa competencia.
  • f) A coordinación da xestión dos programas de investimento en que participen entidades externas ao Servizo Galego de Saúde, en materia de adquisición de equipamento.
  • g) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Xestión (Funcións):

  • a) A elaboración e tramitación de expedientes para a contratación de obras, equipamentos e de proxectos, dirección facultativa e control de calidade destas.
  • b) A tramitación dos expedientes de contratación que deban autorizar os órganos centrais do Servizo Galego de Saúde ou o Consello da Xunta de Galicia, dentro da súa área de responsabilidade, así como o control administrativo da execución dos respectivos expedientes.
  • c) A elaboración de informes, memorias, orzamentos e proxectos en materia da súa competencia, así como o seu seguimento ou dirección.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Patrimonio (Funcións):

  • a) A xestión do patrimonio do Servizo Galego de Saúde.
  • b) A xestión do inventario de bens e dereitos do organismo autónomo.
  • c) A xestión de expedientes de índole patrimonial que afecten a Consellería de Sanidade.
  • d) A coordinación coa Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería competente en materia de facenda, en materia patrimonial.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro de seu ámbito, lle sexan asignadas.