Tarxeta sanitaria

Tarxeta sanitaria

Dámoslle a máis cordial benvida a Tarxeta Sanitaria. A tarxeta sanitaria individual galega é o soporte físico que acredita o acceso ao Sistema Público de Saúde de Galicia, a todas as persoas que teñen recoñecida a condición de aseguradas ou de beneficiarias polo Instituto Nacional da Seguridade Social. Os principais obxectivos desta canle de comunicación son proporcionar dunha forma áxil e directa información relacionada con:

  • As vías de acceso á asistencia sanitaria pública en Galicia.
  • Trámites para a obtención da tarxeta sanitaria galega , así como de outros documentos que faciliten o acceso ás prestacións do Servizo Galego de Saúde.
  • Modificación de datos persoais, cambio de médico e enfermaría.
  • Outras información de interese.

No caso de precisar calquera información adicional, pode poñerse en contacto co teléfono de Tarxeta Sanitaria de atención á cidadanía, chamando ao número de teléfono 981 569 540.