Información

Información

A libre elección de persoal de enfermaría en atención primaria é un dereito recoñecido na Lei 12/2013 de garantías de prestacións sanitarias. Para un adecuado desenvolvemento da mesma e asegurar un funcionamento eficiente dos centros sanitarios con altos niveis de calidade asistencial, é preciso que vostede coñeza unha serie de cuestións que poden incidir na forma en que se prestan determinados servizos. Estas son:
  1. Ao inicio do procedemento de elección de profesionais sanitarios/as de atención primaria, vostede recibirá información sobre os horarios de atención, as unidades de apoio dispoñibles e as implicacións que pode haber sobre a atención domiciliaria, atención continuada, transporte sanitario programado e outras prestacións complementarias.
  2. Cando exista discordancia entre o seu domicilio e o ámbito territorial do hospital que lle corresponda, non será posible solicitar transporte sanitario programado nin se poderá prestar a atención en réxime de hospitalización a domicilio.
  3. De elixir un profesional sanitario de atención primaria que traballa nun centro de saúde de fóra do seu concello de residencia, a atención sanitaria domiciliaria non poderá ser proporcionada.
  4. Para garantir o traballo en equipo no caso de que se opte pola libre elección de médico de familia ou pediatra, o persoal de enfermaría deberá elixirse ou ser asignado na mesma unidade de atención primaria, e viceversa, se se opta por elixir un enfermeiro/a, o médico de familia ou pediatra deberá pertencer ao cadro de persoal da mesma unidade de atención primaria.
  5. Os gastos de desprazamento derivados do exercicio da libre elección polos usuarios, non xerarán ningún tipo de indemnización a cargo do Servizo Galego de Saúde.