Que levar cando viaxamos?

Que levar cando viaxamos?

Nas viaxes dentro da comunidade ou no resto do estado debe levar a tarxeta sanitaria galega.

Nos países da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechenstein e Noruega) e Suiza débese levar a tarxeta sanitaria europea (TSE), que emite o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e que se pode solicitar a través dos centros de atención e información da Seguridade Social (CAISS), no Instituto Social da Mariña (ISM) ou a través de internet na seguinte páxina www.seg-social.es.


No resto dos países cos que existe convenio da Seguridade Social (Andorra, Brasil, Chile, Ecuador, Perú) é necesario levar o documento de afiliciación a Seguridade Social e o formulario necesario que lle entregará o INSS.