Servizo de Estilos de Vida Saudables y Educación para a Saúde

Servizo de Estilos de Vida Saudables y Educación para a Saúde

Os estilos de vida saudables e a educación para a saúde

Consellería GAL.jpg

As competencias atribuídas á Xunta de Galicia en materia de estilos de vida saudables e educación para a saúde están asignadas ao Servizo de Estilos de VIda Sudables e Educación para a Saúde, dependente da Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables.

Funcións do servizo
​As funcións deste servizo, en virtude do establecido no DECRETO 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, son as seguintes:
a) A planificación, programación, coordinación e avaliación das actividades que, incidindo sobre os determinantes da saúde e cunha perspectiva de equidade, promovan os estilos de vida saudables e a difusión da información sobre elas.
b) A promoción de actuacións que favorezan que as persoas vivan en contornas máis saudables e poidan tomar as mellores decisións para mellorar a súa saúde.
c) A planificación, programación, coordinación e avaliación das actividades de prevención e control das enfermidades non transmisibles e a difusión da información sobre elas.
d) A coordinación da Rede galega de promoción da saúde.
e) Asumir, de ser o caso, e consonte o disposto no artigo 4.5 do Decreto 61/2019, do 23 de maio, as funcións da secretaría da Comisión interdepartamental en materia de educación e saúde.
f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.