A Axenda Saudable permite á cidadanía descubrir e planificar actividades, obradoiros e eventos enfocados ao coidado da saúde, a prevención e a adopción de hábitos de vida saudables en Galicia
A Axenda Saudable é o calendario dinámico da Consellería de Sanidade deseñado para achegar á cidadanía todas as actividades, eventos e iniciativas de promoción da saúde en Galicia. Integrada no contorno dixital de Sanidade Mediaverso, esta ferramenta permite consultar obradoiros, xornadas comunitarias, retos de hábitos saudables e actividades físicas, facilitando unha planificación sinxela para incorporar o benestar na rutina diaria