Plan de Obesidade Zero en Galicia

Plan de Obesidade Zero en Galicia

O Plan de Obesidade Zero (POZ) é a folla de ruta da Consellería de Sanidade para a prevención da obesidade e a promoción de estilos de vida saudables en Galicia desde a infancia ata a idade adulta

​O Plan de Obesidade Zero en Galicia (POZ) é a estratexia transversal da Consellería de Sanidade para combater o sobrepeso e a obesidade na poboación galega, con especial foco na infancia e na adolescencia. A través dun enfoque comunitario e multissectorial, o POZ impulsa contornos saudables, fomenta a alimentación equilibrada, promove a actividade física e reduce o sedentarismo mediante actuacións coordinadas entre o ámbito sanitario, educativo, municipal e social.