Carrachas

Carrachas

As carrachas son pequenos parasitos externos (ectoparasitos) que pertencen á mesma clase que as arañas. Son abundantes no campo, nos bosques e mesmo nos parques e xardíns, e aparecen dende principios da primavera ata finais do outono. Son hematófagos, o que quere dicir que necesitan chupar o sangue dos animais (mamíferos, réptiles e paxaros) para vivir e reproducirse. En ocasións, tamén pican aos humanos.

Trátanse de artrópodos cosmopolitas que pertencen á orde Ixódida. A maior parte atópanse distribuida en dúas familias, Ixodidae ou “carrachas duras” e Argasidae ou “carrachas brandas”, cunha ampla variedade de especies. Os ixódidos son os máis importantes dende o punto de vista médico e veterinario. A súa cor varía dende a avermellada, ata a castaña escura ou a negra. Teñen tamén tamaños diferentes dependendo da especie, da idade e do sexo, e de se comeron ou non.
Existen maior cantidade de especies nos climas cálidos e temperados mais o cambio climático, as modificacións dos usos do solo, o movemento das persoas e animais, traen con eles unha maior dispersión xeográfica das carrachas, favorecendo a emerxencia e reemerxencia das enfermidades transmitidas por estas. Ademais as novas rutas migratorias das aves tamén contribuíu enormemente a este feito.   

Ixodes ricinus5.jpg
​​
​​