O 23 de setembro iniciouse a campaña de vacinación antigripal 2025/2026, que durará ata o 31 de decembro. As principais novidades neste ano son a ampliación da vacinación con vacina de alta carga ao grupo de poboación de 70 anos en adiante, e a vacinación intranasal infantil ata os 11 anos. Ademais, levarase a cabo un programa piloto de vacinación en 55 centros educativos de Galicia co fin de acadar unha cobertura vacinal infantil do 70% nos alumnos destes centros.
Se queres subscribirte ou darte de baixa dos envíos do venres epidemiolóxico envía un correo co asunto “alta” ou “baixa” á seguinte dirección de correo: venres.epidemioloxico@sergas.es