Número 6: Fin da Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional por mpox. Campaña de vacinación da gripe 2025/26: novidades.

Número 6: Fin da Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional por mpox. Campaña de vacinación da gripe 2025/26: novidades.

Fin da Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional por mpox

O pasado 4 de setembro determinouse que a mpox xa non supuña unha Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional (ESPII) debido ao risco de transmisión do clado Ib da enfermidade. Ademais, o 23 de Setembro detectouse en España o primeiro caso de clado Ib da enfermidade. Co gallo destas noticias, revisamos a evolución dos casos de mpox en Galicia dende o inicio da ESPII o 14 de agosto de 2024 e a situación actual da vixilancia desta enfermidade.

Campaña de vacinación da gripe 2025/26: novidades.

O 23 de setembro iniciouse a campaña de vacinación antigripal 2025/2026, que durará ata o 31 de decembro. As principais novidades neste ano son a ampliación da vacinación con vacina de alta carga ao grupo de poboación de 70 anos en adiante, e a vacinación intranasal infantil ata os 11 anos. Ademais, levarase a cabo un programa piloto de vacinación en 55 centros educativos de Galicia co fin de acadar unha cobertura vacinal infantil do 70% nos alumnos destes centros.

Se queres subscribirte ou darte de baixa dos envíos do venres epidemiolóxico envía un correo co asunto alta ou baixa á seguinte dirección de correo: venres.epidemioloxico@sergas.es​ 

​​​​​​​​​​​