
ENFERMIDADE
DE LYME
A
enfermidade de Lyme (EL) é unha enfermidade zoonótica causada por
bacterias do complexo Borrelia
burgdorferi sensu lato (Bb)
que se transmite a humanos e animais a través da picadura de
carrachas duras infectadas do xénero Ixodes.
Estas
carrachas
teñen
como principais hospedadores a pequenos mamíferos, aves, corzos e
xabarís e atópanse amplamente distribuídas por Galicia [Apéndice],
datos que coñecemos grazas á Rede Galega de Vixilancia de Vectores
(ReGaViVec)
e á colaboración desinteresada dos centros de saúde reemisores das
carrachas.En
canto á enfermidade, o Boletín
Epidemiolóxico de Galicia
indica que a EL está crecendo exponencialmente nos últimos anos,
sendo máis frecuente en homes. A súa distribución xeográfica é
heteroxénea, coas incidencias máis elevadas na provincia de Lugo,
especialmente na Fonsagrada [Apéndice].
A
súa manifestación clínica máis característica é o eritema
migráns
(mácula que se expande lentamente formando unha lesión anular cun
borde exterior de cor vermella brillante e un claro central). Se non
se trata, este eritema pode evolucionar a unha infección diseminada
ou incluso derivar nunha infección tardía. Esta forma tardía,
coñecida como neuroborreliose, é unha enfermidade de declaración
obrigatoria en Galicia e na Unión Europea dende o 2018.
Para
o diagnóstico, acostuma a utilizarse o criterio clínico e a
confirmación serolóxica no caso de non estar presente o eritema
migrans, manifestación clínica inequívoca da EL. Como as técnicas
serolóxicas son pouco específicas e hai risco de reaccións
cruzadas, recoméndase realizar unha segunda proba máis específica
(western blot o inmunoblot) cando exista un resultado positivo ou
dubidoso na seroloxía. Así mesmo, é importante recordar que existe
un período xanela seronegativo ao inicio da infección.
O
tratamento antibiótico dependerá do estadio da enfermidade, da
idade ou da presenza de alerxias ou embarazo, sendo o tratamento máis
habitual a doxiciclina oral durante 10 días laboratorio [1].
Para
evitar a EL, resultan fundamentais as medidas
de prevención
contra picaduras e saber retirar a carracha de forma adecuada en caso
de ser picados. Así mesmo, é clave instruír ás persoas sobre a
necesidade de observar o lugar da picadura durante 6 semanas e
coñecer os posibles signos e síntomas máis importantes. No caso de
que a carracha estivese ingurxitada ou fose manipulada, debe
administrarse profilaxe antibiótica cunha única dose de doxiciclina
oral dentro das 72 horas posteriores á retirada da carracha
(adultos: 200 mg, nenos ≥8 anos: 4,4mg/Kg) [1].
PROGRAMA
GALEGO PARA A DETECCIÓN PRECOZ DE ENFERMIDADES EN NEONATOS![]()
O
cribado neonatal é unha ferramenta esencial de prevención
secundaria no ámbito da Saúde Pública. Por isto, o obxectivo xeral
do Programa
galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas,
endócrinas e metabólicas no período neonatal
é identificar estas enfermidades que afectan á saúde ou
supervivencia a longo prazo, permitindo previr a morte ou a
discapacidade que ocasionan grazas á súa detección, diagnóstico e
tratamento
temperáns.
En
maio de 2023 incorporáronse á carteira do programa 3 novas
enfermidades (Atrofia Medular Espiñal, Inmunodeficiencia Combinada
Grave e Hiperplasia Suprarrenal Conxénita) compoñéndose
actualmente dun panel
principal de 34 enfermidades
e outro de 14 enfermidades secundarias. Neste 2024, prevese a
incorporación doutras 3 patoloxías: Adrenoleucodistrofia ligada a
X, Mucopolisacaridosis Tipo I e Enfermidade de almacenamento de
glicóxeno tipo II (Pompe).
Para
detectar estas enfermidades, o cribado baséase na recollida
dunha mostra de sangue e outra mostra de ouriños
nas primeiras 24-72h de vida do neonato, antes da alta hospitalaria,
supoñendo case medio millón de bebés cribados en Galicia ata o ano
2023 [Apéndice].
As/os
profesionais da atención primaria (AP), tanto pediatría coma
enfermería, están nunha posición privilexiada para asesorar e
apoiar aos proxenitores, fomentar o cribado neonatal e levar a cabo o
seguimento posterior dos bebés con posibles trastornos endócrinos e
metabólicos. Para iso, deben comprobar que o resultado da proba de
cribado estea rexistrado en IANUS e conste na cartilla de saúde
infantil ou no informe de alta. Ademais, deben colaborar informando
ás persoas responsables do menor para que acudan á consulta
específica se o resultado así o indica.
Así
mesmo, a colaboración de AP resulta fundamental para a recollida
adecuada da mostra en caso de incidencia, ben porque as mostras non
resultan válidas (mala recollida, contaminación etc.), son
dubidosas, porque existan circunstancias especiais que recomendan
pospoñer 2 semanas a mostra (prematuridade con peso <2.500
gramos, enfermos críticos ou xemelgos monocigóticos) ou porque non
se chegou a realizar o cribado.
