Rede de alerta alimentaria

Rede de alerta alimentaria

A rede de Alerta Alimentaria é un sistema de intercambio rápido de información para a notificación dun risco directo ou indirecto para a saúde humana relacionado cos produtos alimenticios e os materiais en contacto con eles.

A nivel nacional xestionase mediante o Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI) e internacional ao través da rede de alerta comunitaria Rapid Alert System for Food and Feed (RASFF) e da Red Internacional de Autoridades de Inocuidad de los Alimentos (INFOSAN).

Cando se detectan problemas de seguridade en alimentos ou materiais en contacto con eles, xa sexa polas propias empresas ou polas autoridades competentes, a rede de alerta alimentaria actívase.

Isto significa que empresas e autoridades oficiais traballan de forma rápida e prioritaria utilizando a información da rastrexabilidade dos produtos para frear a comercialización dos alimentos considerados non aptos e evitar que finalmente sexan postos ao dispor da poboación.

A pesar do rápido funcionamento da rede de alerta alimentaria os produtos alertados poden chegar ata a poboación e, nesa circunstancia, actívanse novos mecanismos fundamentalmente no ámbito da comunicación co fin de informar de xeito efectivo a toda a poboación e evitar que eses produtos concretos sexan consumidos.

Enlace á Rede de Alerta Alimentaria de AESAN : 

https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/seguridad_alimentaria/seccion/alertas_alimentarias.htm​