Convocatoria 2017-2019

Convocatoria 2017-2019

Convocatoria de axudas 2017-2019 (DOG 07.07.2017) para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas

O 07.07.2017 publicáronse no DOG as ordes nas cales se establecen as bases reguladoras para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas desenvolvidos por concellos, agrupacións ou mancomunidades de concellos, así como por entidades privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
A contía das subvencións concedidas por Sanidade para os concellos ascende a 1.475.642 euros, e 1.156.000 euros para as entidades.
 
O desenvolvemento destas actuacións ten por obxectivo promover a adopción de estilos de vida saudables e de ocupación do tempo libre entre os adolescentes e mozos galegos, ademais de potenciar, nos diversos colectivos nos cales se intervén, factores de protección e reducir o impacto de determinados factores de risco asociados ao consumo de substancias psicoactivas. Tamén que outros colectivos implicados na prevención, como familiares ou docentes, funcionen como axentes de saúde.