Os programas de vacinación constitúen unha das medidas máis eficaces e cunha mellor relación custo-beneficio de todas as actuacións sanitarias.
* Dispoñen de máis información na web https://coronavirus.sergas.gal/
As posibilidades de previr enfermidades mediante vacinacións, no neno e no adulto, crecen de forma constante e rápida. A revisión frecuente e periódica dos calendarios vacinais comunitarios é xa imprescindible, cos obxectivos de incorporar novas vacinas, reducir a súa complexidade e simplificar a súa aplicación. Debido a estes e outros requirimentos, a práctica vacinal constitúe un continuo reto.
No campo das vacinas, asístese a unha aceleración da investigación, desenvolvemento e comercialización de novos produtos.
A actualización das pautas de inmunización non é por si soa suficiente, as instancias públicas pertinentes deben promocionar a súa adecuada divulgación para conseguir que a totalidade da poboación se beneficie da dispoñibilidade de preparados vacinais eficaces e seguros.
Normalización da vacinación en Galicia adaptándose á reactivación asistencial polo COVID-19
Priorización de vacinación en Galicia na situación de emerxencia polo COVID-19
Novo calendario de vacinación infantil - Xaneiro 2017