Esta iniciativa preséntase como unha estratexia didáctica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con convocatoria pública aberta para todos os centros escolares públicos e concertados (
Ficha técnica)
O proxecto Nutriescolas, parte da estratexia educativa do "Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade" (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O proxecto divídese en varias modalidades para os distintos niveis educativos, desde educación infantil ata bacharelato e/ou formación profesional, e teñen como obxectivo traballar todas as dimensións da alimentación dunha maneira integral e transversal e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.
As modalidades adáptanse ás etapas de crecimiento nas que se atopan os participantes.
- Modalidade Nutriescolas 0 (Nutriescolas_0.pdf) y Nutriescolas 1 (Nutriescolas_1.pdf), enfocadas á segundo de educación infantil e á educación primaria, respectivamente.
- Modalidade Nutriescolas 2 (Nutriescolas_2.pdf), destinada á educación secundaria e primero de bacharelato.
- Modalidade Cociñando con Saúde (Cociñando_con_saúde.pdf), destinada á formación profesional/educación especial