Funcións

Funcións

◾ O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.

 

◾ A xestión e coordinación dos medios humanos e técnicos das unidades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

 

◾ O deseño e implantación dos programas de calidade no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

 

◾ O deseño e promoción dos programas de formación para o persoal do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

 

◾ A elaboración do plan de auditorías internas, así como a coordinación e, cando cumpra, a execución da devandita planificación.

 

◾ A elaboración da carteira de servizos e a emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados.

 

◾ En xeral, aquelas que, dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.