O envellecemento activo é o proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida a medida que as persoas envellecen.
Non se centra unicamente na práctica de exercicio físico, xa que engloba un conxunto de hábitos e comportamentos, entre os que se inclúen a actividade física en conxunto, a alimentación saudable, a calidade do sono e a participación social.
Existen 4 piares fundamentais para envellecer ben e promover oportunidades de desenvolvemento e benestar persoal:
- Manter un bo estado de saúde.
- Aprendizaxe ao longo da vida para ter coñecementos e xerar vínculos.
- Dereito de participación na sociedade.
- Seguridade e protección.