CURSO DE PERSOA CAZADORA CON FORMACIÓN
A Xunta de Galicia ven de ofertar a segunda edición do Curso de persoa cazadora con formación organizado pola Escola Galega de Saúde Pública.
Data de celebración: o día 23 de febreiro de 2023
Lugar: Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo (rúa Montevideo, 9).
Nº de horas lectivas: 7 horas
Número de prazas da segunda edición: 50
O Obxectivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación (en materia de sanidade e hixiene), mediante a acreditación dos coñecementos detallados na sección IV, capítulo I, número 4 do anexo III do Regulamento (CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, en materia de control in situ, sanitario e de hixiene, das pezas de caza silvestre abatidas coa finalidade de seren destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos no no anexo IV do Real Decreto 50/2018, de 2 de febreiro, polo que se desenvolven as normas de control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior.
Inscrición:
Requisitos para a inscrición:
• Estar empadroado en Galicia
• Ter a licenza de caza en vigor no momento da inscrición no curso
Prazo de inscrición: do 16 de xaneiro ata o 16 de febreiro
Selección dos asistentes será por rigoroso orden de inscrición
Contacto: Escola.Saude.Publica@sergas.es