Prevención de Condutas Adictivas

Prevención de Condutas Adictivas

servizo.jpg 

A prevención das condutas adictivas

As competencias atribuídas á Xunta de Galicia en materia de prevención de condutas adictivas están asignadas ao Servizo de Prevención de Condutas Adictivas, dependente da Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables.

Funcións do servizo

As funcións deste servizo, en virtude do establecido no DECRETO 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, son as seguintes:

  • a) A planificación, programación, coordinación e avaliación das actividades de prevención e control de trastornos adictivos, con especial atención á prevención do desenvolvemento de condutas adictivas por parte das persoas menores de idade.

  • b) A planificación, programación, coordinación e avaliación das actividades de prevención previstas na normativa referente ao consumo de tabaco, así como de todas aquelas actividades que así o requiran.

  • c) O desenvolvemento e actualización da carteira de servizos de prevención en condutas adictivas e a coordinación con todas as entidades implicadas para o seu desenvolvemento.

  • d) A planificación, programación, coordinación e avaliación de actividades de promoción do benestar emocional incluíndo a prevención do suicidio a nivel poboacional.

  • e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, sexanlle asignadas.

Localización e contacto

  • Complexo administrativo de San Lázaro s/n (Edificio Sergas). 15789 Santiago de Compostela

  • Tlf. 881 541 859​