Complementos alimenticios

Complementos alimenticios

 
Os complementos alimenticios (CA), defínense na Directiva 2002/46/CE do Parlamento Europeo (noso ordenamento xurídico polo Real Decreto 1487/2009) como “os produtos alimenticios cuxo fin sexa complementar a dieta normal e consistentes en fontes concentradas de nutrientes ou doutras substancias que teñan un efecto nutricional ou fisiolóxico, en forma simple ou combinada, comercializados en forma dosificada, é dicir cápsulas, pastillas, tabletas, pílulas e outras formas similares, bolsas de pos, ampolas de líquido, botellas con contagotas e outras formas similares de líquidos e pos que deben tomarse en pequenas cantidades unitarias”. E cando se usen ingredientes distintos dos incluídos na norma española, será de aplicación o principio de recoñecemento mutuo.
 
Os CA débense tomar ás doses diarias recomendadas na etiquetaxe do produto, que nunca deben ser excedidas.
 
A etiquetaxe, a presentación e a publicidade dos CA non pode incluír ningunha afirmación que suxira que unha dieta equilibrada e variada non achega por si mesma as cantidades adecuadas de nutrientes en xeral. E ademais, non atribuirá aos CA a propiedade de previr, tratar ou curar unha enfermidade nin se referirá en absoluto ás devanditas propiedades.