Espazo dedicado á promoción de estilos de vida saudables, o benestar emocional e a nutrición na infancia e a adolescencia.
A promoción de estilos de vida saudables na infancia e a adolescencia constitúe un pilar estratéxico para o desenvolvemento integral da poboación galega e a prevención de enfermidades crónicas na idade adulta.
Dentro deste apartado intégranse as seguintes liñas de actuación e documentación de referencia:
Esta iniciativa preséntase como unha estratexia didáctica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con convocatoria pública aberta para todos os centros escolares públicos e concertados.
O proxecto Nutriescolas, parte da estratexia educativa do "Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade" (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O proxecto divídese en varias modalidades para os distintos niveis educativos, desde educación infantil ata bacharelato e/ou formación profesional, e teñen como obxectivo traballar todas as dimensións da alimentación dunha maneira integral e transversal e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.
As modalidades adáptanse ás etapas de crecimiento nas que se atopan os participantes.