Que é?
Procedemento para que as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social soliciten á Inspección de Servizos Sanitarios a autorización para a realización de probas diagnósticas.
Quen e como se tramita?
Os médicos das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social acceden por medio desta páxina web, e cubren o formulario de solicitude de autorización de probas diagnósticas. Deberán dispor de certificado dixital.
Quen e que se autoriza?
A Inspección de Servizos Sanitarios autoriza a realización das probas sempre que se conte co consentimento informado do/a traballador/a.
Estas probas, que se realizan con cargo ás mutuas, estarán dispoñibles na historia clínica electrónica do traballador para a continuidade asistencial dos procesos.