Que é?
É o procedemento para que as mutuas colaboradoras colaboradoras coa Seguridade Social soliciten á Inspección de Servizos Sanitarios a autorización para a realización de probas diagnósticas, consultas e procedementos nos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns nos casos que establece a normativa vixente.
Quen e como se tramita?
Os médicos das mutuas colaboradoras colaboradoras coa Seguridade Social acceden por medio desta páxina web, e cobren o formulario de solicitude de autorización de probas diagnósticas.
Os médicos disporán de certificado dixital.
Quen e que se autoriza?
A Inspección de Servizos Sanitarios autoriza a realización das probas sempre que se conte co consentimento informado do/a traballador/a e sempre que o centro onde se vai realizar a proba, a consulta ou o procedemento conte coa debida autorización sanitaria.
Os informes correspondentes e os estudos de imaxe, que se realizan con cargo ás mutuas colaboradoras, estarán dispoñibles na historia clínica electrónica do/a traballador/a para a continuidade asistencial dos procesos.
Cales son os circuítos dispoñibles?
Hai dous circuítos:
1 Circuito para a autorización de probas a realizar con cargo ás mutuas colaboradoras en centros que teñan concerto co Sergas.
As mutuas colaboradoras poden solicitar a autorización a través do formulario correspondente das probas que estean pendentes da súa realización logo de seren prescritas polo facultativo do Sergas.
Os centros concertados co Sergas realizarán os estudos. Os informes e probas de imaxe estarán dispoñibles en IANUS para a continuidade asistencial do/a paciente.
2 Circuíto para a autorización de probas, consultas e procedementos a realizar polas mutuas colaboradoras en centros propios das mutuas colaboradoras.
As mutuas colaboradoras poden solicitar a autorización a través do formulario correspondente das probas a realizar en centros propios da mutua colaboradora (ou cos que teña concerto a dita mutua) sempre e cando os centros conten coa debida autorización sanitaria.
As mutuas colaboradoras trasladarán á Inspección de Servizos Sanitarios o informe dos estudos realizados, e desde as Unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral facilitarase a súa visualización polo médico/a de Atención Primaria.
Está previsto que proximamente a mutua colaboradora poida facilitar a imaxe por este circuíto para que se incorpore a IANUS, e contribuír á continuidade asistencial do/a paciente