Programa Vi-da (Vixilantes de Axuda)

Programa Vi-da (Vixilantes de Axuda)

 
banner-programa-vi-da 2.png
 
DESCRICIÓN DA INICIATIVA
O suicidio é un problema de saúde pública de primeira orde (Plan de Prevención do Suicidio en Galicia). En España, a conduta suicida é a primeira causa de morte non natural.
Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de suicidios de España, superando a media estatal e europea. A adolescencia é considerada un factor de risco individual para a conduta suicida. O suicidio é a primeira causa de morte en España nos mozos de entre 15 e 29 anos. Os adolescentes internos en Centros de menores teñen un risco de suicidio 4,6 veces maior que os seus iguais na poboación xeral.
O “vixiante de axuda” (Gatekeepers) será a figura máis innovadora do noso Programa Vi-dá, pioneiro en Galicia.
Vi-dá englóbase na Liña Estratéxica Nº1 do Plan de Prevención do Suicidio de Galicia: “Mellorar e crear programas de detección e intervención do risco de suicidio no ámbito social (comunitario e especializado)”.
Vi-dá articúlase en catro Módulos:
1.- Psicoeducación
2.-Adestramento en Gatekeepers
3.-Reunións trimestrais de seguimento con Gatekeepers.
4.-Seguimento telefónico:
OBXECTIVO XERAL:
Fomentar a prevención e detección da depresión e a conduta suicida en poboacións especificas infatoxuvenis. EN CONCRETO menores que presentan factores de risco de problemas de saúde mental polas súas circunstancias sociais e de vulnerabilidade
Nun programa que se desenvolve coa participación de técnicos da Fundación lareira pro saude mental, e coordínase entre dúas Direccións Xerais, a de asistencia sanitaria e a de Familia e dinamización demográfica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Proporcionar coñecementos acerca da depresión e a conduta suicida.
Proporcionar coñecementos aos Gatekeepers* sobre:
- Factores de risco de auto lisis e sinais de alarma.
- Avaliación da conduta suicida.
- Intervención en crise.
- Derivación en caso de risco.
* Gatekeepers: persoal de atención directa cos menores, especializado na detección de sinais de alarma e derivación (vixiantes de axuda).
As accións de Vi-dá baséanse na evidencia científica: Guía de Práctica Clínica de Prevención e Tratamento da Conduta Suicida. Ministerio de Sanidade, Política social e Igualdade.