PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA POSCOVID-19 PERIODO 2020- 2024

PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA POSCOVID-19 PERIODO 2020- 2024

 Imágen.png

O servizo de saúde mental da Dirección Xeral de Asistencia sanitaria ten o pracer de convidarlles ao ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO: “UN INTRUSO NO MEU CEREBRO”, proxecto de loita contra o estigma das enfermidades mentais na mocidade entre 11 e 13 anos, posto en marcha pola entidade Lar Saúde Mental e subvencionado pola Consellería de Sanidade no marco do desenvolvemento do Plan de saúde Mental de Galicia posCOVID19.

O Acto terá lugar o próximo 25 de novembro de 11.00h a 13.00h no Salón de Actos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Achégase o cartel informativo do Acto, no que se inclúe a programación da xornada.

Prego confirmación de asistencia daquelas persoas interesadas e/ou profesionais dos vosos equipos de traballo, indicando nome, apelidos e DNI, para facilitar o acceso ó Acto e garantir o aforo.
 
Esperamos poder contar con vos o próximo 25 de novembro.

 

altavoz.png

LEY 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde.


SAUDE-MENTAL_SRA_2008x1127.png

FACER DA SAÚDE MENTAL E O BENESTAR PARA TODOS UNHA PRIORIDADE MUNDIAL

A pandemia de COVID-19 creou unha crise mundial para a saúde mental, alimentando o estrés a curto e longo prazo e socavando a saúde mental de millóns de persoas.
As crecentes desigualdades sociais e económicas, os conflitos prolongados, a violencia e as emerxencias de saúde pública afectan a poboacións enteiras, ameazando o progreso cara a un mellor benestar. Debemos fortalecer a atención da saúde mental para que se satisfaga todo o espectro de necesidades de saúde mental a través dunha rede comunitaria de servizos e apoios accesibles, alcanzables e de calidade.
O estigma e a discriminación seguen sendo un obstáculo para a inclusión social e o acceso á atención adecuada; É importante destacar que todos podemos desempeñar o noso papel no aumento da conciencia sobre que intervencións preventivas de saúde mental funcionan e o Día Mundial da Saúde Mental é unha oportunidade para facelo colectivamente.
Sumámonos á iniciativa da OMS para lanzar unha campaña en torno ao tema de facer da saúde mental e o benestar para todos unha prioridade mundial. Esta será unha oportunidade para que as persoas con afeccións de saúde mental, defensores, gobernos, empregadores, empregados e outras partes interesadas se reunan para recoñecer o progreso neste campo e expresar o que debemos facer para garantir que a saúde mental e o benestar convértanse nunha prioridade global para todos.

 

 IconoProtocoloRiscoSuicida.png

cerbro_logoweb_PGSM.png 

A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais. A saúde mental é un estado completo de benestar físico, mental e social, no que as persoas poden acadar os seus obxectivos e son capaces de facer fronte o estrés da vida, traballar de xeito frutífero e contribuír a súa comunidade. A saúde mental é unha materia de interese para todos e non só para aqueles afectados por un trastorno mental.
Os cambios sociais rápidos, as condicións de traballo estresantes, a discriminación de xénero, a exclusión social, os estilos de vida pouco saudables, o baixo nivel educativo, a violencia e a mala saúde física son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais.
Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos así como condicionantes biolóxicos e xenéticos que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables que outras a padecer un trastorno mental. Pero o máis importante é que existen estratexias e intervencións intersectoriais eficaces e rendibles de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.
O Plan de Saúde Mental poscovid 19. Período 2020-2024 prioriza a realización de proxectos dirixidos a diminuír o impacto do COVID 19 na saúde mental e no benestar emocional das persoas. Para iso, reforza o número de profesionais nos dispositivos asistenciais do Sergas para desenvolver programas específicos orientados a atención ao trauma, ao dó e a depresión. Tamén ten en conta a atención aos maiores e persoas ingresadas en centros sociosanitarios, así como a teleasistencia como ferramenta de reforzo das consultas presenciais, o apoio aos/as profesionais sanitarios/as de primeira liña de acción fronte ao COVID-19, e o fortalecemento dos programas de prevención do suicidio.
Tomando como referencia o Plan de acción sobre Salud mental 2013-2020 da OMS, o Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 prevé o desenvolvemento de actuacións dirixidas a incrementar a autonomía dos/das pacientes, garantindo que sexan acordes aos seus dereitos e necesidades e promovendo a normalización social e a desestigmatización das persoas que presentan un trastorno mental.
Para o desenvolvemento do plan contouse coa participación de persoas usuarias e profesionais da rede de entidades que colaboran co Servicio Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade na atención ao trastorno mental severo. O traballo levado a cabo nos diferentes centros e programas permite que as persoas con problemas de saúde mental se manteñan na comunidade e se lles preste apoios á súa autonomía.
Este proxecto representa un avance na aproximación que facemos á enfermidade mental, dando voz en primeira persoa aos afectados por estes trastornos, ademais de a persoas profesionais de atención directa.
“A saúde mental continúa vivindo rodeada de mitos. Favorecer a información á sociedade e a inclusión das persoas que padecen trastornos mentais son accións fundamentais para romper as ideas erróneas preconcibidas.”
“As accións de sensibilización levadas a cabo desde diferentes sectores para dar a coñecer os trastornos mentais poden favorecer a integración social das persoas que o presentan”

 

 

qualityright.JPG
A OMS_Euro fixo un comunicado para o lanzamiento mundial o 12 de abril de 2022 da formación electrónico QualityRights para avanzar na saúde mental, eliminar o estigma e promever a inclusión na comunidade. (link ao envento):
Como parte desta Iniciativa, a OMS desenvolveu un paquete integral de materiais de capacitación básicos e especializados para desenvolver capacidades en atención e apoio baseados en dereitos e centrados na persoa para todas as partes interesadas. A formación electrónica asociada de QualityRights, “ Quality Rights e- training”, está dispoñible en español no seguitelink​
Este programa global está a traballar para mellorar a calidade da atención que se brinda ás persoas con problemas de saúde mental e para promover os dereitos humanos das persoas con problemas de saúde mental, discapacidades psicosociais, intelectuais e cognitivas. O seu enfoque de atención e apoio baséase nos dereitos e está orientado á recuperación. A eliminación das intervencións coercitivas, o respecto polo dereito ao consentimento informado e a promoción da autonomía, a elección, a inclusión comunitaria e a recuperación son o núcleo deste programa.
Este proxecto aliñéase cos principios do Plan de Saúde Mental de Galicia pos COVID 19, en concreto obxectivo 1,3: Promover actuacións acordes ao estipulado pola Convención sobre os Dereitos de persoas con discapacidade