Falemos sobre saúde mental

Falemos sobre saúde mental

Desde a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria mantemos no marco do desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia posCOVID 19 un compromiso activo coa saúde mental. Durante este ano 2023 temos realizado unha serie de accións de sensibilización cidadá, ciclo que pecharemos cun novo evento que conxuga o entretemento e o saber.
 
Este tivo lugar o 19 de decembro, ás 19.30 no Auditorio ABANCA Santiago (rúa Preguntoiro 23), e consistirá nun monólogo desenvolto da man da compañía Empatía Teatro seguido dun coloquio profesional.

FalemossobreDIFUSION .png