Día Mundial de Prevención do Suicidio 2023

Día Mundial de Prevención do Suicidio 2023

O Día Mundial da Prevención do Suicidio conmemórase anualmente o 10 de setembro, organizado pola Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio (IASP) e avalado pola Organización Mundial da Saúde (OMS). O seu obxectivo xeral é crear conciencia acerca da prevención do suicidio e promover a colaboración das partes interesadas.

O día 8 de setembro celebrarase na Consellería de Sanidade unha xornada conmemorativa que pretende ser un espazo de diálogo entre diferentes entidades que traballan na prevención da conducta suicida. Destacando este ano a posvención (o apoio social, psicolóxico e institucional aos familiares e persoas achegadas ás víctimas de suicidio)

As inscripcions pecharanse o xoves 07/09/23 ás 12:00

Agardamos contar coa vosa presenza, ou ben con que piodades seguir o acto en directo a través da canle de youtube.   https://www.youtube.com/watch?v=sFODkTQi9VM




Banner Prevención Suicidio 2023.jpg