Plan de traballo

Plan de traballo

OBXECTIVOS
  • Asistir á OMS no desenvolvemento/actualización de materiais de formación para traballadores sanitarios en relación á seguridade nas vacinas, contraindicacións e manexo clínico de eventos adversos posvacunais (EAPV).
  • A petición da OMS co fin de proporcionar soporte para dirixir as investigacións e dar resposta en crise da EAPV.
  • Colaborar coa OMS no traballo de formación dos traballadores sanitarios en seguridade nas vacinas, contraindicacións e introdución de novas vacinas.
Plan de traballo
ID Actividade 1 2 3 4
​Título da actividade Revisión de forma regular e actualización do conxunto de materiais de formación da OMS en relación á seguridade nas vacinas e contraindicacións. Desenvolvemento de guías e materiais de formación para traballadores sanitarios no manexo clínico dos eventos adversos posvacunais. Alto estándar, a tempo real e apoio experto multidisciplinar da OMS para investigar casos graves e agrupacións de casos de eventos adversos posvacunais.​ Dirixir a formación dos instrutores sobre seguridade vacinal, contraindicacións, e manexo clínico de EAPV.​
Nome(​s) do persoal responsable na institución Federico Martinón Torres, Irene Rivero Calle Federico Martinón Torres, Irene Rivero Calle Federico Martinon-Torres, Irene Rivero Calle, José Gómez Rial, Antonio Rodríguez Núñez, Jesús Eirís Puñal Federico Martinón Torres, Irene Rivero Calle, José Gómez Rial, Antonio Rodríguez Núñez, Jesús Eirís Puñal
Tipo de actividade Desenvolvemento do produto (Directrices; manuais; metodoloxías; etc.)​ Desenvolvemento do produto (Directrices; manuais; metodoloxías; etc.)​ Prover consello técnico á OMS ​Formación e educación.
Descrición da actividade e cómo se implementa ​A petición da Oficina Rexional da OMS para Europa, o provedor de Servizos Sanitarios en Galicia (SERGAS) desenvolveu un conxunto de materiais de formación en seguridade vacinal e contraindicacións para traballadores sanitarios. Os materiais didácticos están enfocados a mellorar a información dos traballadores sanitarios e incrementar a súa confianza nas vacinas coa finalidade de reducir a perda de oportunidades na vacinación infantil debido ás contraindicacións non xustificadas. Os materiais de formación foron empregados para levar a cabo cursos de capacitación dos traballadores sanitarios á primeira liña a nivel nacional. Hai unha necesidade de actualizar periodicamente os materiais de formación para incluír información sobre novas vacinas, novos coñecementos sobre eventos adversos posvacunais, e datos actualizados sobre o impacto das vacinas e os beneficios da inmunización. O Centro de Colaboración da OMS levará a cabo unha revisión e actualización regular dos materiais de formación e a Oficina Rexional da OMS de Europa aconsellará e coordinará este traballo. O conxunto de materiais de formación actualizado será publicado na páxina web da OMS e empregarase para dirixir a formación dos traballadores sanitarios a nivel rexional e nacional. ​A Oficina Rexional da OMS para Europa serve de soporte aos países en investigación e da resposta a eventos adversos posvacunais. A recente experiencia en dar resposta ás agrupacións dos casos adversos posvacunais coa vacina DTwPhepBHib en Kirguistan e coa vacina fronte ó sarampelo e o VPH en Kazaxistan revelaron unha falta de recursos da OMS e ferramentas para asistir aos traballadores sanitarios no manexo clínico de agrupación de casos de EAPV e de casos de ansiedade relacionada con EAPV. O Centro de Colaboración da OMS desenvolverá guías e materiais de formación no manexo clínico de EAPV. A Oficina Rexional da OMS coordinará o desenvolvemento de materiais de formación e proverá consello. Os materiais formativos serán empregados para dirixir á formación dos traballadores sanitarios ao nivel rexionais e nacional e publicaranse na páxina web da OMS. A OMS brinda apoio aos países en investigación e responde aos casos graves e agrupacións de casos de eventos adversos posvacunais, incluíndo o consello experto de diagnósticos clínicos e manexo clínico de EAPV. O Centro de Colaboración da OMS establecerá un equipo multidisciplinar de expertos clínicos do provedor de servizos sanitarios públicos en Galicia (SERGAS) quen dará apoio clínico aos países na investigación de casos graves e agrupacións de EAPV. O apoio será proporcionado de forma inmediata a tempo real empregando medios telemáticos (teleconferencias, correo electrónico, etc) e/ou no terreo a través da participación de expertos clínicos nas misións rexionais da OMS como membros do equipo de investigación. A Oficina Rexional da OMS para Europa coordinará o traballo do equipo multidisciplinar de expertos e organizarán as misións nos distintos países. Dirixir a formación dos traballadores sanitarios para incrementar os seus coñecementos sobre inmunización e xerar confianza nas vacinas é unha das prioridades da Oficina Rexional da OMS. O Centro de Colaboración da OMS ofrecerá expertos cualificados e experimentados co fin de liderar a formación de traballadores sanitarios para preparar instrutores clave de confianza na área da seguridade das vacinas e contraindicacións. A Oficina Rexional da OMS participará nos cursos de formación.​
​Producto final esperado ​O conxunto de materiais de formación da OMS actualizado sobre seguridade vacinal e contraindicacións. Os dereitos de propiedade intelectual destes resultados serán propiedade da OMS (de acordo co Manual de la OMS XV5.8, parágrafo 50, parágrafo 3.1.2 dos termos y condicións) ​Guías e conxunto de materiais formativos para o manexo clínico de eventos adversos posvacunais. ​Informes de avaliación dos casos/grupos con recomendacións de manexo clínico de EAPV. ​A formación para os instrutores clave dos principais países é levada a cabo.