Centro colaborador da OMS para a seguridade das vacinas

Centro colaborador da OMS para a seguridade das vacinas

WhoChus
 
​O Hospital Clínico Universitario de Santiago do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten a honra de ter sido designado pola Organización Mundial da Saúde como Centro Colaborador en Seguridade Vacinal ata o ano 2022, unha responsabilidade e un desafío que só é posible asumir grazas á traxector​ia de excelencia do equipo multidisciplinar asistencial do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago e a Unidade de Investigación en Vacinas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. As características do equipo implicado e os termos establecidos para esta colaboración, detállanse a continuación.