Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Xerencia do Servizo Galego de Saúde

O Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, 31 outubro de 2019) establece que a Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que terá a consideración de alto cargo e rango de secretaría xeral, é o órgano responsable dos servizos de asistencia sanitaria e ten, baixo a dependencia da persoa titular da consellería de adscrición, á dirección e control do Servizo Galego de Saúde. Correspóndelle a realización das seguintes funcións:
  • a) A dirección, avaliación e control de todas as actividades do organismo autónomo relacionadas coas funcións encomendadas a este polas disposicións legais que o rexen, sen prexuízo das facultades e competencias do Consello de Dirección e da Consellería competente en materia de sanidade.
  • b) Dar conta ao Consello de Dirección do anteproxecto de orzamento do organismo.
  • c) A execución dos acordos do Consello de Dirección.
  • d) A xestión do patrimonio do organismo.
  • e) A xestión económica e do persoal do organismo.
  • f) A presentación ao Consello de Dirección da memoria anual de actividades do organismo.
  • g) A resolución dos conflitos de atribucións que xurdan entre as autoridades dependentes do organismo.
Estrutura da Xerencia
Dependerá organicamente da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Adscríbese á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, ou órgano que o substitúa.
Están adscritas á Consellería competente en materia de sanidade, a través da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Galaria-Empresa Pública de Servizos Sanitarios.​​​​
Queda adscrito á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, o Consello Asesor de Pacientes, creado pola Orde de 22 de agosto de 2011.