A Vicexerencia

A Vicexerencia

Á Vicexerencia, con nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle, como órgano de apoio á persoa titular da Xerencia, o exercicio das seguintes funcións:
  • a) O apoio técnico administrativo e de xestión no seguimento e coordinación de proxectos, programas, accións e actividades entre as distintas unidades do Servizo Galego de Saúde e na súa relación con outros organismos e administracións públicas.
  • b) A asistencia técnica e administrativa de apoio á Xerencia do Servizo Galego de Saúde en todos os asuntos que lle sexan encomendados.
  • c) A elaboración de estudos e propostas nas materias de estrutura, organización, normativa, deseño de procesos ou procedementos administrativos, tanto nos servizos centrais como periféricos do Servizo Galego de Saúde e demais entidades adscritas.
  • d) A coordinación do cadro de mandos integral e os acordos de xestión coas áreas sanitarias.
  • e) A coordinación da execución das políticas en materia de igualdade entre homes e mulleres e a erradicación da violencia de xénero no Servizo Galego de Saúde.
  • f) Todas aquelas actividades e funcións que lle encomende a Xerencia do Servizo Galego de Saúde.Todas aquelas actividades e funcións que lle encomende a Xerencia do Servizo Galego de Saúde.