A operación consiste na construción dun novo Centro de Saúde en Antas de Ulla, cunha superficie útil aproximada de 530,25 m² e 634,15 m² construídos. Trátase dun edificio distribuído nunha única planta, na que se encontra unha zona de entrada con vestíbulo, recepción, sala de xestión da información, arquivo, unha zona de asistencia sanitaria con varias consultas (medicina xeral, enfermaría, toma de mostras e polivalente) cunha zona de persoal, biblioteca – sala de estar, despacho de coordinación e vestiarios.
Esta actuación permitirá mellorar a atención primaria en Antas de Ulla, ao incrementar en unha as consultas existentes no centro actual.
| Obxectivo Político |
OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva. |
| Prioridade |
P4A Transformación social. |
| Obxectivo específico |
RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local. |
| Liña de actuación |
4.5.01 Reforzo das Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria e outros centros de atención especializada. |
| Ámbito de intervención |
043 Construción de novos edificios enerxeticamente eficientes. |
| Título da operación |
Construción dun centro de saúde en Antas de Ulla (Lugo). |