OP 2/4: Unha Europa máis verde, social e inclusiva - Reforma Integral e Ampliación do Centro de Saúde e Unidade de Saúde Mental de Conxo en Santiago de Compostela

OP 2/4: Unha Europa máis verde, social e inclusiva - Reforma Integral e Ampliación do Centro de Saúde e Unidade de Saúde Mental de Conxo en Santiago de Compostela

O proxecto supón un centro de saúde cunha superficie útil de 1.754,34 m² / 2.351,14 m² de superficie construídos, que se concibe para dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia mellorando o servizo de atención primaria coa execución dos plans funcionais, aprobados pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o 30 de maio do 2018 e 31 de maio do 2018, relativos ao centro de saúde e unidade de saúde mental de Conxo en Santiago de Compostela.


O proxecto desenvólvese en tres plantas. Na planta baixa sitúase o centro de saúde, ademais do vestíbulo de acceso e a recepción, seis consultas para medicina e enfermería xeral, unha consulta de medicina e outra de enfermería pediátrica, unha sala de toma de mostras e dúas salas polivalentes. Na planta primeira sitúase a unidade de saúde mental, con catro consultas de psiquiatría, catro de psicoloxía, dúas de psicoxeriatría, e unha de terapia, unha de enfermería, unha de psicoloxía xeriátrica e outra de odontoloxía. Na planta segunda sitúanse dúas consultas de psicoloxía, dous despachos para traballadores sociais, e salas de reunións, aseos e vestiarios, diferenciados para os traballadores do centro de saúde e da unidade de saúde mental, ademais de almacéns, oficios, aseos para público en todas as plantas, cuartos de instalacións, circulacións e demais espazos comúns.


Obxectivo Político OP 4 Unha Europa máis social e inclusiva
OP 2 Unha Europa máis verde
Prioridade P4A Transformación social
P2A Transición verde
Obxectivo específico RSO4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local.
RSO2.1 Fomentar a eficiencia enerxética e a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Liña de actuación 4.5.01 Reforzo das Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria e outros centros de atención especializada.
2.1.01 Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas.
Ámbito de intervención 128 Infraestruturas sanitarias
044 Renovación da eficiencia enerxética ou medidas de eficiencia enerxética relativas a infraestruturas públicas, proxectos de demostración e medidas de apoio.
045 Renovación da eficiencia enerxética ou medidas de eficiencia enerxética relativas a infraestruturas públicas, proxectos de demostración e medidas de apoio que cumpran os criterios de eficiencia enerxética.
Título da operación Reforma Integral e Ampliación do Centro de Saúde e Unidade de Saúde Mental de Conxo en Santiago de Compostela