As
persoas titulares das direccións territoriais, tendo en conta as
competencias previstas no artigo 11 do Decreto 245/2009, do 30 de
abril, exercerán as seguintes funcións, sen prexuízo das
competencias atribuídas a outros órganos:
a)
A representación oficial da Consellería ante autoridades,
organismos e entidades provinciais e locais.
b)
A dirección, supervisión, coordinación e seguimento das
actividades dos servizos do departamento territorial e, en
particular, a información e atención á cidadanía, asumindo a
representatividade plena desta.
c)
A dirección, coordinación e impulso da política da Consellería na
provincia.
d)
A dirección e coordinación do persoal do respectivo departamento
territorial.
e)
A elaboración da proposta das dotacións orzamentarias do
departamento territorial que se incluirá no anteproxecto de
orzamentos da Consellería; o coñecemento e a dirección da xestión
económica e o control da execución dos créditos orzamentarios
asignados.
f)
A coordinación, execución e control dos plans e programas de
actuación da Consellería, tanto no ámbito da planificación e
ordenación sanitaria como de farmacia e saúde pública.
g)
A recepción, a tramitación e a resolución, se é o caso, de cantas
denuncias, queixas e reclamacións se produzan no seu ámbito
competencial.
h)
A incoación e tramitación dos expedientes sancionadores derivados
da comisión de infraccións administrativas no ámbito das súas
competencias, e a resolución daqueles que lle atribúa a normativa
vixente, así como acordar a suspensión temporal do exercicio de
actividades, a incautación ou a inmobilización de produtos, a
intervención de medios e outras medidas de carácter cautelar, no
ámbito da Lei 8/2008, do 10 de xullo, da normativa de ordenación
farmacéutica e das normas sectoriais que resulten de aplicación.
i)
As funcións de tramitación e proposta previstas na normativa en
materia de planificación, apertura, cambio de localización, peche e
transmisión de oficinas de farmacia, e as tamén encomendadas pola
normativa aplicable en materia de creación, apertura e funcionamento
dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas
de atención primaria, así como as previstas na normativa pola que
se establecen os requisitos e procedementos de autorización das
boticas anexas.
j)
As funcións que lle outorga a normativa aplicable en materia de
centros, servizos e establecementos sanitarios e publicidade
sanitaria.
k)
As funcións establecidas no Decreto 245/2009, do 30 de abril, no
Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, polo que se desconcentran
competencias nos delegados provinciais das consellerías en materia
de contratación administrativa, e no Decreto 88/1990, do 15 de
febreiro, polo que se desconcentran competencias nos delegados
provinciais das consellerías en materia de concesión de axudas e
subvencións
l)
A tramitación en materia de autorización e/ou rexistro de
establecementos e servizos que son obxecto de control oficial no
ámbito da saúde pública, así como acordar as medidas pertinentes
que non teñen carácter de sanción ante a falta de notificación
por parte dos operadores comerciais.
m)
A execución, no seu ámbito, do Plan de calidade propio do
departamento territorial e da política de calidade establecida para
os servizos de inspección de saúde pública e da supervisión das
actividades de control oficial.
n)
A coordinación da tramitación e coordinación das publicacións de
disposicións e outros actos ditados por órganos do respectivo
departamento territorial no Diario Oficial de Galicia e demais
diarios oficiais.
ñ)
A tramitación e a emisión das propostas de resolución en materia
de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes para uso
veterinario e as relativas ao recoñecemento do dereito á
subministración de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente
hospitalario a profesionais veterinarios.
o)
A colaboración co Servizo Galego de Saúde, coa Axencia Galega para
a Xestión do Coñecemento en Saúde e co ámbito docente e
universitario na formación práctica do persoal e estudantes da rama
sanitaria para completar a súa formación teórica nas materias
atribuídas ao departamento territorial, sen prexuízo das
actividades desenvolvidas no marco da Escola Galega de Saúde
Pública. A docencia poderá ser pregraduada, posgraduada e continua.
p)
En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan
asignadas.
Para
o desenvolvemento das funcións atribuídas contarán coas seguintes
unidades con nivel orgánico de servizo:
a)
Servizo de Xestión.
b)
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria.
c)
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.
d)
Servizo de Control de Riscos Ambientais.
e)
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios
Servizo
de Xestión
Correspóndelle o
exercicio das seguintes funcións:
a) A organización
da execución de programas e o control previo do gasto derivado da
execución dos programas que se lle encomenden ao departamento
territorial e, en xeral, a xestión económica do departamento
territorial, así como a tramitación que corresponda en materia de
contratación administrativa.
b) A emisión de
informes técnico-xurídicos de apoio á persoa titular da dirección
territorial.
c) A elaboración e
tramitación dos acordos de inicio, así como a instrución dos
procedementos sancionadores derivados da comisión de infraccións
administrativas no ámbito das competencias da dirección
territorial.
d) A xestión e
habilitación do persoal do departamento territorial, incluíndo a
xestión de licenzas, permisos e vacacións, así como a xestión das
autorizacións para a asistencia a actividades formativas, do persoal
do departamento territorial.
e) As propostas de
recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter
científico.
f) A realización
das tarefas relativas ao réxime interior, xestión e organización
do arquivo do departamento territorial.
g) A xestión das
oficinas de atención ao cidadán e de rexistro na sede do
departamento territorial.
h) A tramitación
das publicacións no Diario
Oficial de Galiciae
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
i) En xeral, a
supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que dentro do
seu ámbito lle sexan asignadas.
Servizo
de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria
Correspóndelle
a este servizo a realización das seguintes funcións:
a)
A xestión da unidade provincial de tarxeta sanitaria, así como as
funcións de planificación, ordenación e aseguramento sanitario que
lle correspondan en relación cos procedementos de acceso á
asistencia sanitaria pública a través das vías establecidas.
b)
A tramitación dos expedientes de autorización de instalacións,
funcionamento, modificación e renovación dos centros, servizos e
establecementos sanitarios, así como a xestión do rexistro dos/das
seus/súas profesionais de conformidade co establecido na normativa
reguladora.
c)
A tramitación da certificación técnico-sanitaria dos vehículos de
transporte sanitario por estrada, de conformidade coa normativa
vixente.
d)
A tramitación e informe dos expedientes de solicitude de licenza de
fabricación de produtos sanitarios a medida, a xestión da
declaración de distribución e venda de produtos sanitarios; a
tramitación da autorización de funcionamento, modificación e
renovación de servizos e establecementos de farmacia, e dos
depósitos de medicamentos, conforme a súa normativa reguladora, e a
toma de posesión dos/das farmacéuticos/as de oficinas de farmacia.
e)
A verificación da execución das medidas adoptadas pola subdirección
xeral competente en materia de farmacia como consecuencia das alertas
sobre riscos relacionados cos medicamentos ou produtos sanitarios nos
centros, establecementos e servizos sanitarios, así como a
tramitación da medicación estranxeira para pacientes ambulatorios.
f)
A tramitación das denuncias sobre publicidade sanitaria.
g)
A elaboración das propostas de resolución en materia de depósitos
especiais de medicamentos estupefacientes para uso veterinario e das
propostas de resolución relativas ao recoñecemento do dereito ao
subministro de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente
hospitalario a profesionais veterinarios.
h)
A xestión da unidade do Rexistro Galego de Instrucións Previas
correspondente ao departamento territorial.
i)
A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
j)
A tramitación da autorización de pisos protexidos, vivendas de
transición e unidades residenciais para persoas con trastornos
mentais persistentes.
k)
O control da dispensación de medicamentos estupefacientes e doutros
medicamentos especiais baixo a coordinación do órgano do Servizo
Galego de Saúde competente na materia, así como a xestión de
libros e talonarios de estupefacientes.
l)
En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que
dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
Servizo
de Alertas Epidemiolóxicas
Correspóndelle
a realización das seguintes funcións:
a)
A xestión e control de brotes epidémicos, alertas e crises
sanitarias e a coordinación e seguimento do Sistema de alerta
epidemiolóxica de Galicia.
b)
A organización da execución das actividades do Plan de prevención
e control das enfermidades transmisibles e do Programa galego de
vacinacións.
c)
A organización da execución de actividades de prevención e control
de enfermidades non transmisibles e dos programas de promoción de
estilos de vida saudables, de prevención de adiccións, de educación
para a saúde; e demais plans e programas que estableza a dirección
xeral competente en materia de saúde pública, así como a
coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e
actividades encomendados.
d)
A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
e)
En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que
dentro do seu ámbito lle sexan asignadas
Servizo
de Control de Riscos Ambientais Correspóndelle o exercicio das
seguintes funcións:
a)
A tramitación e supervisión do cumprimento das directrices en
materia de control de riscos ambientais para a saúde.
b)
A vixilancia e control do cumprimento das disposicións ditadas en
materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental e a execución
das inspeccións nestas materias.
c)
A execución, no seu ámbito, dos plans e programas da dirección
xeral en materia de saúde pública, así como a execución das
políticas de calidade establecidas para os servizos de inspección
de saúde pública e de supervisión das actividades de control
oficial.
d)
A proposta de incoación de expedientes sancionadores en materia de
seguridade alimentaria e/ou de sanidade ambiental, así como a
tramitación dos expedientes administrativos de centros,
establecementos e servizos non sanitarios ou substancias distintas
dos medicamentos.
e)
A coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas
encomendados.
f)
A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
g)
En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que
dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
Servizo
de Control de Riscos Ambientais
Correspóndelle
o exercicio das seguintes funcións:
a) A tramitación e
supervisión do cumprimento das directrices en materia de control de
riscos ambientais para a saúde.
b) A vixilancia e
control do cumprimento das disposicións ditadas en materia de
seguridade alimentaria e sanidade ambiental e a execución das
inspeccións nestas materias.
c) A execución, no
seu ámbito, dos plans e programas da dirección xeral en materia de
saúde pública, así como a execución das políticas de calidade
establecidas para os servizos de inspección de saúde pública e de
supervisión das actividades de control oficial.
d) A proposta de
incoación de expedientes sancionadores en materia de seguridade
alimentaria e/ou de sanidade ambiental, así como a tramitación dos
expedientes administrativos de centros, establecementos e servizos
non sanitarios ou substancias distintas dos medicamentos.
e) A coordinación
e emisión de informes e avaliación dos programas encomendados.
f) A tramitación
das publicacións no Diario
Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
g) En xeral, a
supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que dentro do
seu ámbito lle sexan asignadas.
Servizo
de Inspección de Servizos Sanitarios
O
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios do Departamento
Territorial de Pontevedra, ten a súa sede en Vigo.
Os
servizos de Inspección de Servizos Sanitarios, con dependencia
orgánica da Dirección Territorial e funcional da Secretaría Xeral
Técnica da Consellería a través da Subdirección Xeral de
Inspección de Servizos Sanitarios, de conformidade co respectivo
ámbito de competencia, exercerán as seguintes funcións:
a)
O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito dos
servizos sanitarios e territoriais.
b)
A inspección, a avaliación e o control da xestión e a asistencia
sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos
e autorizacións de uso sanitario, así como a inspección e control
das instalacións e servizos sanitarios e recuperadores prestados por
mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e enfermidades
profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de
coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias,
dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de
propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da
prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos
sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.
c)
A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as
auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as
inspeccións en materia de correcta fabricación de laboratorios,
fabricantes e/ou importadores de medicamentos, as inspeccións de
boas prácticas de distribución de medicamentos nas entidades de
distribución e as inspeccións de boas prácticas de distribución
de principios activos nos almacéns de distribución destes produtos;
as inspeccións para a verificación do cumprimento das normas de
correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e
preparados oficinais; a resolución das reclamacións previas en
materia de seguridade social derivadas dos partes médicos de baixa,
confirmación de baixa e alta, emitidos polo Servizo Público de
Saúde nos casos establecidos na lexislación de seguridade social,
sen prexuízo das competencias das entidades xestoras; a inspección
e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas
entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no
equipo de valoración de incapacidades.
d)
O desenvolvemento e execución de inspeccións de verificación do
cumprimento das boas prácticas clínicas dos ensaios clínicos
realizados en centros, servizos e establecementos sanitarios ou
outras estruturas asistenciais, así como a execución das
inspeccións de acreditación dos comités de ética da investigación
con medicamentos.
e)
A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos
sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais;
instrucións do procedemento e elaboración dos informes
técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial
da Administración sanitaria.
f)
A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos
sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así
como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario ou
funcionario, con funcións asistenciais no Servizo Galego de Saúde,
coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección
de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos
disciplinarios do persoal estatutario ou funcionario, con funcións
asistenciais no Servizo Galego de Saúde; a instrucción e proposta
dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e
outros centros, servizos e establecementos sanitarios, así como
respecto de produtos sanitarios; a inspección e informe das
actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e
posgraduada nos centros sanitarios; e a realización dos informes
complementarios establecidos na normativa xeral de condutores, e de
acreditación da aptitude psicofísica necesaria para ter e usar
armas.
g)
A participación na fase de reclamación previa do procedemento de
reintegro de gastos de asistencia sanitaria prestada con medios
alleos e a emisión do preceptivo informe proposta.
h)
A validación dos certificados emitidos polo persoal médico
facultativo dos servizos públicos de saúde dentro do procedemento
extraordinario de revisión da tarxeta de estacionamento provisional
para persoas con discapacidade.
i)
A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
j)
En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que
dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.