a)
O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito dos
servizos sanitarios e territoriais.
b)
A inspección, a avaliación e o control da xestión e a asistencia
sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos
e autorizacións de uso sanitario, así como a inspección e control
das instalacións e servizos sanitarios e recuperadores prestados por
mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e enfermidades
profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de
coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias,
dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de
propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da
prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos
sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.
c)
A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as
auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as
inspeccións en materia de correcta fabricación de laboratorios,
fabricantes e/ou importadores de medicamentos, as inspeccións de
boas prácticas de distribución de medicamentos nas entidades de
distribución e as inspeccións de boas prácticas de distribución
de principios activos nos almacéns de distribución destes produtos;
as inspeccións para a verificación do cumprimento das normas de
correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e
preparados oficinais; a resolución das reclamacións previas en
materia de seguridade social derivadas dos partes médicos de baixa,
confirmación de baixa e alta, emitidos polo Servizo Público de
Saúde nos casos establecidos na lexislación de seguridade social,
sen prexuízo das competencias das entidades xestoras; a inspección
e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas
entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no
equipo de valoración de incapacidades.
d)
O desenvolvemento e execución de inspeccións de verificación do
cumprimento das boas prácticas clínicas dos ensaios clínicos
realizados en centros, servizos e establecementos sanitarios ou
outras estruturas asistenciais, así como a execución das
inspeccións de acreditación dos comités de ética da investigación
con medicamentos.
e)
A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos
sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais;
instrucións do procedemento e elaboración dos informes
técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial
da Administración sanitaria.
f)
A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos
sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así
como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario ou
funcionario, con funcións asistenciais no Servizo Galego de Saúde,
coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección
de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos
disciplinarios do persoal estatutario ou funcionario, con funcións
asistenciais no Servizo Galego de Saúde; a instrucción e proposta
dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e
outros centros, servizos e establecementos sanitarios, así como
respecto de produtos sanitarios; a inspección e informe das
actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e
posgraduada nos centros sanitarios; e a realización dos informes
complementarios establecidos na normativa xeral de condutores, e de
acreditación da aptitude psicofísica necesaria para ter e usar
armas.
g)
A participación na fase de reclamación previa do procedemento de
reintegro de gastos de asistencia sanitaria prestada con medios
alleos e a emisión do preceptivo informe proposta.
h)
A validación dos certificados emitidos polo persoal médico
facultativo dos servizos públicos de saúde dentro do procedemento
extraordinario de revisión da tarxeta de estacionamento provisional
para persoas con discapacidade.
i)
A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e
demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.
j)
En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que
dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.