Punto de acceso centralizado a recursos móbiles do Sergas
O Servizo Galego de Saúde brinda nas stores de Apple e Google, a aplicación móbil "Sergas Móbil", que ten como obxectivo achegar a toda a cidadanía o catálogo de apps e e-servizos do Sergas, de xeito transversal, inclusivo e eficaz.

Dispoñible tanto en galego como en castelán, a persoa usuaria dispón dos seguintes servizos:
- Tarxeta sanitaria virtual. Almacenamento da tarxeta sanitaria no móbil – Contacto 0.
- O/A doente dispón da súa tarxeta sanitaria almacenada dentro da aplicación móbil
- Equivale á tarxeta física para efectuar as xestións necesarias no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias
- Posibilita a supresión do contacto físico nas interaccións entre profesionais e doente
- Cita de atención primaria. O servizo máis buscado e empregado.
A cita de atención primaria vía web é un dos recursos máis empregados que ten actualmente a organización en Internet a disposición da cidadanía.
Proporcionando esta funcionalidade a través da aplicación móbil facilítase o acceso e uso, co obxectivo de chegar a máis público e mellorar a accesibilidade.
- Consulta de citas e obtención de quendas. Consulta de todas as citas (primaria e especializada) e obtención de quendas.
Listado de todas as citas de primaria e de especializada do/da paciente seleccionado/a, permitindo para cada unha:
- Servizo de obtención da quenda (cando o/a doente chega ao centro)
- Indicacións para chegar ao centro da cita dende a localización que precise, tanto dende fóra do centro como para o interior do edificio se dispón dela
- No detalle das citas, cando se accede con seguridade alta, amósase para onde é a cita (cardioloxía, traumatoloxía, ...) e a sala
- Videoconsulta. Atención personalizada sen desprazarse ao centro.
Unha funcionalidade sinxela, accesible, que ten por obxectivo derribar barreiras a través dunha atención personalizada virtual de calidade, con capacidade de dar unha boa resolución sanitaria.
- Os meus centros. Busca de centros e ademais con xeolocalización.
Servizo de busca de centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e sistema de xeolocalización de persoas usuarias en edificios:
- Fixar centros como favoritos para evitar repetir buscas habituais
- Ver a localización do centro en Google Maps e calcular ruta para ir ó centro (realidade aumentada)
- Ver localización no interior do centro e calcular ruta para ir ó servizo concreto -nos centros que dispoñen dela- (realidade aumentada)
- Visualizar o mapa interior do centro e acceso a puntos de interese por planta -nos centros que dispoñen dela-
- Certificados COVID. Consulta e descarga dos certificados persoais europeos.
Posibilita acceso para consulta e para descarga dos diferentes certificados europeos dispoñibles: de vacinación fronte á COVID-19, de recuperación e de probas.
- Xestión de pacientes. Os datos personais só unha vez, persistindo.
O obxectivo é facilitar o acceso ás persoas usuarias, evitando ter que introducir repetidamente os datos, de forma que doentes rexistrados/as persistan na app.
En caso de acceder con seguridade alta, a persoa paciente incorpórase automaticamente ao listado de pacientes, así como as súas persoas delegadas en caso de telas.
Ó rexistrar paciente como principal, ou ó cambiar a selección de paciente principal no listado de pacientes, engádense en "Os meus centros" os seus centros de atención primaria e de atención especializada.
É posible establecer unha imaxe ou foto asociada a cada paciente na aplicación, para facilitar a identificación do paciente nas diferentes opcións de menú.
Na pantalla de detalle do paciente, cando se accede con seguridade alta, amósanse os datos completos que a persoa ten rexistrados no Sergas para avisos e notificacións electrónicas e para contacto (teléfonos e correos electrónicos), podendo acceder a editalos.
- Acceso entre as diferentes aplicacións. E-Saúde integrado.
Acceso integrado con outras aplicacións do Sergas, tales como:
- É-Saúde, que permite acceso a servizos e contidos de saúde personalizados:
- Acceso á historia clínica
- Folla de medicación activa
- Resumo de actividade Sergas
- ...
- TELEA, a plataforma tecnolóxica de asistencia domiciliaria
- Etc.
- Últimas novas. Acceso á listaxe de últimas novas publicadas polo Servizo Galego de Saúde.
- Redes sociais. Acceso ás diferentes canles da organización.
Acceso á listaxe das redes sociais dos diferentes organismos/estamentos dependentes do Servizo Galego de Saúde. Ofrécese información e acceso directo ás diferentes canles que teñen dispoñibles nas redes sociais.
- Mensaxes. Consulta de notificacións de carácter xeral enviadas polo Sergas para comunicar novidades, avisos, etc.
Niveis de seguridade para o acceso ás diferentes funcionalidades da aplicación
|
|
 |
|
 |
Acceso integrado a "É-Saúde" |
|
|
|
 |
Citas
|
|

|
|
 |
Ampliar detalle de cita |
|
|
|

|
Acceso integrado a "Telea" |
|
|
|

|
Os meus centros |

|

|
|

|
Descarga tarxeta sanitaria virtual |
|
|
 |
 |
Descarga certificados COVID |
|
|
 |
 |
Aplicacións |
 |
 |
|

|
Redes sociais |
 |
 |
|

|
Actualidade |
 |
 |
|
 |
Mensaxes |
 |
 |
|

|
* O acceso con seguridade alta efectúase a través de É-Saúde. Para acceder, tanto con CHAVE365 como con certificado dixital, é preciso que previamente o paciente autorice o seu uso de forma presencial no seu centro de saúde ou de forma telemática co DNI electrónico cumprimentando o formulario Solicitude de acceso con CHAVE365 e/ou certificado dixital.