A Subdirección Xeral de Xestión de Profesionais

A Subdirección Xeral de Xestión de Profesionais

A Subdirección Xeral de Xestión de Profesionais é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) O desenvolvemento de todas as accións relativas á xestión do persoal do Servizo Galego de Saúde, tanto do réxime estatutario como do funcionario e laboral, propio do organismo.
b) A análise e determinación das necesidades de persoal, e as competencias en materia de réxime retributivo, sistemas de información, e análise e elaboración de propostas sobre a xestión económica e orzamentaria do persoal.
c) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Para o cumprimento de tales funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
  • Servizo de Ordenación (Funcións):

  • a) En relación co persoal estatutario do organismo, o desenvolvemento da súa xestión, sen prexuízo das atribucións que correspondan a outros órganos ou unidades.
  • b) A execución dos procesos de integración de profesionais no réxime estatutario, e dos procesos de reclasificación que procedan.
  • c) O desenvolvemento e control dos proxectos que deriven dos convenios asinados pola consellería competente en materia de sanidade e polo Servizo Galego de Saúde, nas materias da súa competencia.
  • d) A execución das competencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos en materia de autorización de vinculacións nos centros do Servizo Galego de Saúde.
  • e) As propostas de resolución de concesión das comisións de servizo entre institucións do Servizo Galego de Saúde, a adscrición do persoal a servizos centrais, e a autorización para prestar servizos noutras entidades ou organismos das administracións públicas.
  • f) A tramitación da cobertura de postos directivos dos centros dependentes do organismo, así como o seu control e seguimento.
  • g) Informe ou proposta de declaración de situacións administrativas e autorización de permisos que teña atribuídos a Dirección Xeral de Recursos Humanos.
  • h) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Sistemas de Información. (Funcións):

  • a) A coordinación da aplicación homoxénea e uniforme das políticas retributivas e de vinculacións nos centros do Sistema sanitario público de Galicia.
  • b) A proposta de implantación de aplicacións informáticas en materia de recursos humanos, así como o establecemento dos criterios funcionais da súa aplicación.
  • c) O seguimento e a execución da política de acción social do persoal estatutario.
  • d) A elaboración do cadro de mandos da Dirección Xeral de Recursos Humanos e o deseño e coordinación dos sistemas de información.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Control Orzamentario. (Funcións):

  • a) A xestión, o seguimento e o control do cadro de persoal do organismo, así como a tramitación das propostas de modificación do cadro de persoal.
  • b) A confección dos estudos previos á elaboración da proposta do anteproxecto de orzamentos do capítulo I do Servizo Galego de Saúde.
  • c) A elaboración de instrucións de seguimento e control orzamentario relativo aos custos de persoal e ás propostas de modificación dos créditos.
  • d) O estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos e asesoramento en materia orzamentaria do capítulo I dos centros e institucións do organismo ou que lle sexan adscritos.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.