A elaboración deste Informe forma parte sistemática das tarefas anuais da Comisión contra a Violencia de Xénero do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS).
Seguindo a estrutura común de anos anteriores, nesta edición recóllense os datos correspondentes a 2020 agregados para o conxunto do Sistema Nacional de Saúde (SNS), tanto no caso dos indicadores epidemiolóxicos comúns (casos de violencia de xénero, detectados e rexistrados no SNS) como dos procesos de formación para profesionais dos servizos de saúde autonómicos nos diferentes ámbitos asistenciais de atención primaria, hospitalaria e urxencias.