
¿En que consiste?
A Biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento persoal.
Acúdese a ela para apoiar ao tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais.
¿Quen participa?
O proxecto está promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia coa colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, colexios profesionais, sociedades científicas e expertos en saúde e literatura
O proxecto galego:
Promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck.
Proxecto baseado na evidencia científica e cocreado con pacientes e expertos.
142 libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes.