INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS
A gripe é unha enfermidade frecuente na poboación infantil que, nalgúns casos, pode causar complicacións e requirir ingreso hospitalario.
Co obxectivo de facilitar o acceso á vacinación, durante a campaña de gripe 2026-2027 levarase a cabo, en determinados centros educativos seleccionados, unha estratexia de vacinación escolar fronte á gripe dirixida aos nenos e nenas nacidos entre 2015 e 2023, coa finalidade de valorar a súa implantación.
O centro educativo no que está escolarizado o seu fillo ou filla foi seleccionado para participar nesta iniciativa. O propio centro comunicaralles ás familias a data na que se realizará a vacinación.
Unha vez administrada, a vacina quedará rexistrada no historial clínico do alumno ou alumna. O informe de vacinación poderá consultarse e descargarse a través do espazo
É-Saúde (A miña historia clínica → A miña carteira de vacinas), dispoñible tanto na aplicación
Sergas Móbil como a través dun navegador web. Tamén poderá solicitarse no seu centro de saúde.
Para que o seu fillo ou a súa filla poida recibir a vacina,
É IMPRESCINDIBLE:
- Comprobar posibles contraindicacións á vacina nas Preguntas frecuentes (FAQ)