Cribado mama cita

Cribado mama cita



Antes de ler o resto da información, debe ter en conta que, se xa foi diagnosticada dun cancro de mama, non debe acudir á cita informando a unidade de coordinación do Programa a través da siguiente conta de correo pgdpcm.dxsp@sergas.es ou ó teléfono 981 141414


O día da cita, para poder facerlle a mamografía é imprescindible que presente o seu DNI ou documento identificativo similar con fotografía.


Recomendámoslle que leve roupa cómoda e que non bote talco nin crema nas mamas.


Se vostede non pode acudir no día ou hora prevista, pode cambiar a súa cita a través do aplicativo Sergas Móbil ou poñéndose en contacto co Programa


Teña en conta que esta mamografía é únicamente para mulleres que non presentan síntomas. Se vostede nota algún cambio nos seus peitos ou axilas como vultos, dor, inchazón, cambios na pel ou na forma do peito, retracción da mamila ou saída de líquido por ela, non debe acudir a esta cita sendo necesario consultar coa súa médica ou co seu médico quen, despois de explorala, indicaralle os pasos a seguir.


Se o resultado da mamografía está dentro da normalidade, recibirá unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándolle deste resultado. Tamén poderá obter o resultado no seu centro de saúde a través do profesional de Atención Primaria, pasado un mes desde a realización da proba.


Se tras a realización da mamografía é necesario ampliar o estudo para chegar a un resultado definitivo, recibirá unha carta cunha cita para acudir ao seu hospital de referencia.


Consulta de ruta de autobuses: https://www.sergas.gal/ConsultaRutasAutobuses