Cribado cervix

Cribado cervix

 
 
 cervix.png
 



A Consellería de Sanidade ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix.

O Programa vai destinado ás mulleres de 35 a 65 anos e consiste na realización dun test para detectar infección polo virus de papiloma humano (VPH), causa principal deste cancro. A participación é voluntaria e gratuíta pero é importante para a súa saúde. Infórmese aquí
PARTICIPE NO PROGRAMA A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE USANDO O SEU CÓDIGO: www.se​rgas.gal/pccx-acepta
PARTICIPACIÓN MODALIDADE AUTOTOMA: Se xa aceptou participar escollendo a modalidade de “Autotoma” debería recibir un dispositivo no seu domicilio para a recollida da mostra, a cal pode facer vostede mesma de maneira moi sinxela seguindo as seguintes instruc​ións​​
PARTICIPACIÓN MODALIDADE CITA CON MATRONA: Se xa aceptou participar escollendo a modalidade de “Cita con matrona” e aínda non dispón da mesma, pode escoller a data que mellor se adapte á súa preferencia a través da web de cita previa do SERGAS https://cita.sergas.gal/​​​ ou mediante a app SERGAS MÓBIL
No caso de embarazo recoméndase realizar o cribado, durante o primeiro trimestre da xestación, con toma de mostra por parte dun profesional sanitario (matrona). Non se recomenda o uso de dispositivos de autotoma. No caso de atoparse no 2º ou 3º trimestre do embarazo, recomendámoslle que se poña en contacto co Programa (infocervix@sergas.es) para pospoñer a invitación ata aproximadamente 4 meses despois do parto.
No caso de parto ou aborto recente, non é preciso realizar a proba ata pasado 4 meses. Nese caso, recomendámoslle que se poña en contacto co Programa para pospoñer a invitación ata cumprido dito prazo.
Se ten algunha dúbida ou precisa máis información, pode trasladarnos as súas peticións a través de dito enderezo electrónico infocervix@sergas.es