Lugar:
Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa de Madrid 2-4
Santiago de Compostela
Data:
4 de outubro 2016.
Duración:
8 horas, nunha única xornada, en horario de mañá e tarde.
Estrutura:
Conferencia inaugural e 3 mesas redondas con 4 relatorios de 20 minutos e tempo para o debate.
Destinatarios:
• Alcaldes e concelleiros dos municipios de Galicia.
• Técnicos responsables das áreas municipais relacionadas coa saúde e os seus contornos (deportes, educación, infraestruturas, ambiente, sanidade, servizos sociais, transportes...).
• Responsables e técnicos das deputacións.
• Responsables da Xunta de& Galicia e técnicos responsables de áreas e proxectos con impacto na saúde (educación, política social, infraestruturas e vivenda, ambiente, relacións institucionais, sanidade, deportes, medio rural, pesca...).
• Representantes dos grupos parlamentarios e da comisión de sanidade.
Obxectivos:
• Pór en valor a importancia do ámbito local na saúde da cidadanía.
• Dar a coñecer as estratexias “Saúde en todas as políticas” e “Promoción de saúde e prevención no Sistema nacional de saúde”, a "Rede de cidades saudables" e o rol dos responsables municipais na consecución dos seus obxectivos.
• Intercambiar experiencias e facilitar o traballo en redes dos municipios interesados.